InicioCulturaO fotógrafo monfortino, Piro, expón peregrinos do Camiño de Inverno

O fotógrafo monfortino, Piro, expón peregrinos do Camiño de Inverno

O proxecto audiovisual, “Peregrinos a Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno ao seu paso por Monforte de Lemos” está composto por un documental de 15 minutos de duración e unha exposición de 10 fotografías. A proposta atópase na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte ata o 28 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas, e con pases do documental a cada hora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto promovido polo Concello de Monforte e coa colaboración do Xacobeo 2021, a través do programa “O Teu Xacobeo”, está formado por unha curtametraxe documental e por unha exposición fotográfica, tendo ambas como fío condutor o Camiño de Inverno ó seu paso polo Concello de Monforte de Lemos.

curtametraxe documental conta cunha duración de 15 minutos e describe como os peregrinos que transitan por Monforte a través do Camiño de Inverno cara a Santiago de Compostela van descubrindo o patrimonio material e inmaterial, natural e histórico da cidade e da súa contorna. Uns peregrinos, procedentes de diversos puntos de España e doutros países, que son filmados e entrevistados, para contar as súas vivencias e experiencias no Camiño.

En canto á exposición fotográfica, a mostra está composta por 10 imaxes enmarcadas en cadros de 70×50 cm. nas que, a modo de resumo, se recollen momentos especiais e destacados do documental, e nas que se presta especial atención tanto ós peregrinos como ó patrimonio artístico e arquitectónico de Monforte.

Aspectos técnicos do documental

Para a filmación de imaxes, o cineasta monfortino Manuel Valcárcel, Piro, filmou en 4K, tendo en conta a durabilidade e futuro expositivo da curtametraxe. 

Tamén cobrou importancia a gravación de imaxes en distintas estacións do ano, destinadas a que aqueles que vexan o documental poidan valorar as diferentes motivacións á hora de afrontar o reto da peregrinación polo Camiño de Inverno. Tamén destacan as imaxes panorámicas gravadas mediante dron.

O son tamén ten un papel moi importante dentro da curtametraxe, xa que reflecte a realidade sonora do espazo combinada coas declaracións recollidas aos peregrinos e historiadores como personaxes principais da historia.

Finalmente o documental contou cunha banda sonora orixinal adicada expresamente a este  proxecto na que se tivo en conta para a súa composición a historia musical e a súa adaptación contemporánea.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...