HomeCultura'Radio Bulebule' en Quiroga

‘Radio Bulebule’ en Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga acolle este sábado 12 de setembro ás 20:00 h. o espectáculo do músico Paco Nogueiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade -de balde- está enmarcada no programa “Ler Conta Moito” a través do que se desenvolven  actividades de dinamización lectora nas bibliotecas que están integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. O financiamento corre a cargo da Consellería de Cultura e dos concellos participantes.

Levaranse a cabo as medidas de seguridade vixentes, limitando o aforo do salón de actos da Casa da Cultura e poñendo xel desinfectante a disposición do público que obrigatoriamente deberá usar máscara.

Paco Nogueiras co disco ‘Radio Bulebule’.

Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Unha radio itinerante, ambulante, cantante e que transmite para o mundo en linguaxe universal.

Paco Nogueiras, o protagonista deste espectáculo, convida aos espectadores a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Hai de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural, a mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...