HomeCulturaConcerto do trío Zurkan o día 10 en Sober

Concerto do trío Zurkan o día 10 en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade programan un concerto do Trío Zukan para o día 10 de outubro. A actuación, de entrada gratuíta, desenvolverase no Hotel Pazo de Sober ás 19:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2014 xorde o Trío Zukan xuntando tres instrumentos pouco comúns como a percusión, o acordeón e o txistu (frauta tradicional do País Vasco).

Nas orixes de  Zukan, o repertorio para esta combinación instrumental era inexistente. Por ese motivo, os seus integrantes decidiron promover un proxecto en colaboración con diferentes compositores coa intención de xerar un novo repertorio.

A única premisa exposta aos creadores foi que desen a súa visión particular sobre unha combinación instrumental tan atípica. Todos os demais aspectos -duración, instrumentación, estética…- quedaban a elección do compositor.

Ata o día de hoxe, Zukan encargou, revisou e estreou máis dunha vintena de obras de compositores nacionais e internacionais como María Eugenia Luc, Mikel Chamizo, Hugo Morales, Isabel Urrutia, Francisco Domínguez, Vassilis Filippou, Óscar Escudero, Helga Arias e Sofía Martínez, e ten en marcha diferentes proxectos de creación con outros compositores destacados.

En marzo de 2019,  Zukan presentou o seu primeiro CD baixo o nome Soinuzko  Begiradak – Toma 1(Miradas Sonoras – Toma 1), que recibiu recentemente o premio Musika  Bulegoa  Sariak. Así mesmo, en maio do 2019, engadiuse outro importante paso na súa traxectoria: o primeiro premio obtido na 94º Convocatoria do Concurso Mocidades Musicais de España.  

Na actualidade  Trío  Zukan é unha das formacións máis consolidadas do panorama da música contemporánea do País Vasco. Ofreceu numerosos concertos en ciclos de referencia como Quincena Musical Donostiarra, Festival Bernaola, Circuito de Música Contemporánea Musikagileak, Ciclo de Música Contemporánea BBVA, Attacca Festival Basel, Festival Kuraia, Festival de Música Contemporánea del Museo Vostell Malpartida, o Festival Perturbaciones Periódicas de Conde Duque Madrid ou Classical: NEXT de Rotterdam.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...