HomeCulturaO director da Banda de Música de Sober debuta coa Scala de...

O director da Banda de Música de Sober debuta coa Scala de Milán

O músico galego Miguel Franqueiro debuta este mes de outubro na Orquestra do Teatro da Scala de Milán como tubista interpretando unha das óperas de referencia de Verdi, Aida, baixo a dirección de Ricardo Chailly, un Maestro de talla mundial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Banda de Música de Sober participa nesta produción, un dos primeiros espectáculos da Orquestra con sede en Milán tras volver á actividade, paralizada dende o mes de marzo debido á situación sanitaria. A primeira das funcións foi o día 6 de outubro e a última será o 19 deste mes.

O músico reforza por vez primeira a plantilla da Orquestra do Teatro da Scala de Milán despois de gañar a audición de tuba na formación de ópera máis importante do mundo en xullo do ano 2019.

“Cando hai xusto 20 anos viñemos de viaxe a Borgo val di Taro e a Milán coa banda na que me criei, a Banda Unión Musical Ponteledesma, ao chegar a este Teatro da Scala, a guía que nos acompañaba díxonos: Todo músico que se prece soña con tocar aquí. Nunca esquecín esas palabras. Un soño cumprido”, precisa.

Ademais de dirixir a Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra colabora coa Real Filharmonía de Galicia, así como con outras orquestras nacionais e internacionais, como a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de España, a Orquestra de RTVE, a Orquestra do Liceo de Barcelona ou a Filarmonica Teatro Regio de Torino, entre outras.

O Concello de Sober felicita ao músico por este novo traballo e polas posibilidades que a súa formación e experiencia traen consigo para os músicos da localidade.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...