HomeCulturaEntrega dos premios de ‘Triacastela no Camiño, con jjiffy’

Entrega dos premios de ‘Triacastela no Camiño, con jjiffy’

O Concello de Triacastela acolleu a entrega dos premios do concurso de fotografía O teu Xacobeo con jjiffy tras ter participado no certame ‘Triacastela no Camiño, con jjiffy’, un proxecto levado a cabo co apoio de ‘O teu Xacobeo’ impulsado pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os promotores do proxecto elixiron Triacastela para a entrega dos galardóns por ser o que máis participou no certame achegando numerosas fotografías do Concello de Triacastela polo que pasa o Camiño Francés e fin de etapa desde o Códice Calixtino.

Ademais, das tres fotografías premiadas, dúas delas son de veciñas de Triacastela e, a outra, dun veciño de Sarria. Os gañadores foron: Mirella López Díaz, primeiro premio, Laura López López, segundo premio, e Edgar Villanueva, o terceiro premio.

O proxecto O teu Xacobeo con jjiffy naceu para enriquecer a experiencia do Camiño de Santiago utilizando unha aplicación ou plataforma social que axuda a compartir as fotografías deses momentos, paisaxes e vivencias do Camiño da forma máis sinxela.

Difundir e poñer en valor o patrimonio

Entre as principais actividades deste proxecto está, en primeiro lugar, a divulgación a través dos albergues de kits para os peregrinos e peregrinas nos que se lles da acceso gratuíto a esta aplicación e se fomenta o uso da mesma coa fin de difundir e poñer en valor o patrimonio e cultura do Camiño a través das súas imaxes.

En segundo lugar, entre outras actividades, en cada un dos concellos seleccionados, promoveuse un concurso para que entre os habitantes locais e entre os peregrinos e peregrinas fosen xuntando todas as fotografías que se estaban a facer no paso por cada concello. A información e acceso a estes concursos foi divulgada a través da páxina web do proxecto xacobeo.jjiffy.in.

Con este proxecto preténdese fomentar a cultura dixital e a innovación a través das novas tecnoloxías, dunha forma simple e accesible, á vez que se promoven as relacións a e convivencia no Camiño.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...