HomeCultura"Contar de contrabando" no Círculo Saviñao

“Contar de contrabando” no Círculo Saviñao

O actor Avelino González presentou no Círculo Saviñao o seu espectáculo "Contar de Contrabando".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría Xeral de Política Lingüística levou ao Círculo Saviñao, en colaboración co Concello do Saviñao, unha das accións do Fondo Proxectos Culturais do Xacobeo 2021.

O actor e contacontos, Avelino González, que presentou ‘Contar de Contrabando, contos e cousas de aquí’, narrou ós presentes contos da tradición popular asociada aos mouros e mouras do mundo castrexo que no Saviñao colocou nos arredores do castro de Orxaínza e castro de Vilacaiz, e tamén retrocedeu á anta de Abuime e ó Monte da Morá.

O actor Avelino González presentou no círculo do Saviñao o seu espectáculo
“Contar de Contrabando”.

Avelino González fixo un espectáculo simpático e entretido que os presentes riron, disfrutaron e aplaudiron. O coñecido actor está no teatro cos espectáculos ‘commedia’ de Contraproducions e ‘o mel non caduca’ de Ibuprofeno Teatro. Interpretou a Cabo Blas na serie ‘as leis de celavella’, Miñato en ‘Padre Casares’ e César en ‘Serramoura’ na TVG. E de Raimundo na serie “Seis irmás” de TVE.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...