HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónA Pobra do Brollón reivindica a ribeira de Vilachá

A Pobra do Brollón reivindica a ribeira de Vilachá

Publicado o

- Advertisement -

Esta fin de semana celébrase a XXVII edición da Feira do Viño de Vilachá tendo como marco incomparable un conxunto etnográfico de adegas centenarias.

A Pobra do Brollón linda co Sil e conta cunha importante tradición vitícola. A ribeira de Vilachá, aínda sendo unha gran descoñecida para moitos, goza dunha vitalidade e beleza a ter moi en conta. Pertence á subzona Quiroga Bibei da D.O. Ribeira Sacra sendo característico o cultivo da vide en socalcos e dando viños de gran calidade. Na parte alta das viñas, no lugar coñecido como A Abelaira, na parroquia de Vilachá de Salvadur, atópase un conxunto etnográfico de adegas moi antigas con paredes de pedra e tellado de lousa a dúas augas. Disque son das máis antigas da península e dada a súa beleza e valor patrimonial están catalogadas pola Xunta de Galicia como de interese turístico tendo unha especial protección de cara ao seu mantemento e posibles restauracións.

Ambiente Feira do Viño de Vilachá. Foto: Peruchela

Nesta enxebre paraxe é onde ten lugar a Feira do Viño, nada que ver coas habituais carpas ou stands doutras, feito que lle dá un encanto e relevancia singular.

O sábado día 5 terá lugar a apertura das adegas e postos de comida ás 12:00 h. e a partir das 18:00 h. pasarrúas e cantos de taberna cos grupos Macizas Centrais, Os amigos do Caldeiro, Os Galochas, Os Palletas, Os Recuncados, Os Sotomontanos, Raíces do Campo, Sómosche D’Herbas e Son do Mao. Para as 21:00 h. está programada a actuación do grupo Fanfarria Takicardia.

O domingo 6 abrirase a xornada ás 11:20 h. cunha alborada a cargo do grupo de gaitas da Escola Municipal de Música e ás 12:00 h. un novo pasarrúas con grupos de cantos de taberna. Para esta ocasión estarán os Cantareiros da unión, Os Estoupafoles e Skachakuncas que farán un descanso ás 13:00 h. para deixarlle o protagonismo ao pregoeiro Antón Lopo. Segundo nos conta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura do Concello da Pobra do Brollón, aquí non pega nin tampouco queremos pregoeiros mediáticos, co cal un intelectual tan polifacético e da zona como Lopo é unha gran escolla. “Cando llo propuxemos, aceptou encantado” comenta.

A partires das 15:30 h. actuación polo recinto da Charanga Mil 9.

Adegas de Vilachá. Foto: Némesis Creaciones

Ademais das adegas abertas ao público que ofrecerán viño novo aos asistentes a prezo económico, tamén haberá postos de comida, artesanía e produtos da zona.

Entre as 16:30 e as 19:00 h. do sábado a TVG  retransmitirá en directo dende Vilachá o programa “Aquí Galicia” e tamén haberá reporteiros do programa “Festeir@s” e “A Revista da fin de semana” cubrindo o evento.

O bo tempo fai presaxiar unha boa afluencia de visitantes pero como di Ricardo Rodicio “esta feira do viño tenta reivindicar a ribeira de Vilalchá, dar a coñecer o lugar e a Pobra do Brollón no seu conxunto, non buscamos competir en número de asistentes nin camiñar cara a masificación”.

Rodicio lémbranos tamén que a contorna ten moito que ver para quen veña pasar a fin de semana e que moi preto das Adegas de Vilachá, accesible en moi pouco tempo e a pé, hai un dos miradoiros máis espectaculares da Ribeira Sacra, o “Miradoiro da Capela”; que paga a pena achegarse a velo.

O concello pon un servizo de autobuses de balde dende A Pobra, diante do concello, e dende Monforte (A Compañía) para achegarse a Vilachá. O sábado a saída será ás 18:00 h. e o regreso ás 3:00 h. da madrugada mentres que o domingo a saída será ás 12:00 h. e c volta ás 21:00 h.

Vistas dende o Miradoiro da Capela. Foto: Web Pobra do Brollón

 

ÚLTIMAS

Declaración institucional do Concello de Monforte co gallo do ‘Día Internacional da Muller Rural’

En reunión do pasado luns 7 de outubro, a Xunta de Goberno Local do...

Éxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Baixo o título de "Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga",...

Máis dun millón de euros destinou a Deputación a Monforte neste ano, o PP critica a Tomé por discriminar ao resto de concellos

Lembran os populares que no pasado mes de abril o presidente asinara, por decreto,...

O 16 de outubro Pantón sóbese ao autobús do teatro

O autobús que levará aos veciños e veciñas de Pantón sairá ás 14:45h de diante do BBVA. A cita será ás...