HomeCulturaAs adegas Regina Viarum, Algueira e Vía Romana, enclaves das actividades vitivinícolas...

As adegas Regina Viarum, Algueira e Vía Romana, enclaves das actividades vitivinícolas do festival 17º Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

A fin de semana do 27 de xullo, dará comezo a II edición do Festival 17º Ribeira Sacra. Ademais dos concertos musicais programadas para tal evento, as adegas Regina Viarum, Algueira e Vía Romana, serán os emprezamentos onde se desenvolverán as sesións gastronómicas e de viticultura programadas.

A adega Regina Viarum acollerá unha cata-concerto o venres ás 19:30 horas. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo crear sensacións a través das catas de viños elaborados entre as súas paredes. Ó final do percorrido, os participantes realizarán unha cata de caldos dirixida por Santi Rivas mentras soará música en directo.

O sábado 28, as protagonistas serán as adegas Algueira e Vía Romana. Ás 13:00 horas celebrarase unha cata a cegas que pretende pór a proba os sentidos dos participantes. Seguidamente, desevelaranse os viños probados e posteriormente, de 14:00 a 16:00 horas, celebrarase unha degustación de alimentos típicos da zona.

Finalmente, o domingo 29, en Vía Romana e de 12:00 a 13:00 horas, o taller de creación Los Secretos del Vermut achegará ós participantes ó vermú Nordesía. Despois, celebrarase un concurso de cócteles elaborados in situ que serán valorados por membros da organización, persoal da adega e a artista Holly Miranda.

 

 

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....