InicioCulturaO Apalpador visita Monforte o 24 pola mañá

O Apalpador visita Monforte o 24 pola mañá

O vindeiro xoves, 24 de decembro pola mañá, Monforte de Lemos recibirá a visita do Apalpador, que percorrerá as rúas da cidade e a zona de mercados da praza de Abastos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Apalpador, mítico personaxe da tradición popular galega que naceu no Courel, baixa cada ano das montañas polas festas do Nadal. Mangallón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, recolle mel e fai aparecer coas polas das árbores os xoguetes que as madeiras esconden. 

O vindeiro 24 de decembro pola mañá visitará a Praza de Abastos e percorrerá, entre as 11:00 e as 13:00 h., as rúas de Monforte co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, para apalpar as barrigas dos máis pequenos da casa. 

Trátase dunha actividade que leva xa organizando dende hai uns anos a Concellería de Cultura do Concello de Monforte, con gran aceptación entre o público familiar.

Remata o prazo para anotarse no Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo

Neste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo hai 3 modalidades de participación: 

  • Decoración do escaparate e do interior de establecementos comerciais, no que poderán participar todos os comercios e negocios ubicados no termo municipal de Monforte.
  • A segunda modalidade do concurso está dirixida á hostalería, e nela valorarase en conxunto a mellor entrada, interior e ventanais do establecemento participante. E tamén poderán participar todos os negocios hostaleiros do Concello.
  • A terceira modalidade está adicada ás vivendas. Neste caso hai 3 opcións: 
    • A comunidade de veciños dun edificio, no que deberán decorar as entradas principais do seus edificios, e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Balcóns e ventás de edificios de Monforte, que deberán ser visibles tamén dende a vía pública.
    • E finalmente as vivendas unifamiliares, no que poderán participar os residentes de calquera vivenda unifamiliar ubicada en Monforte, que decoren as súas vivendas e/ou xardíns de modo que esta decoración sexa totalmente visibles dende a vía pública.

No momento da inscrición deberanse aportar 5 fotografías nas que se poida visualizar a decoración realizada, para a posterior valoración polo xurado. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro de 2021. 

Para as diferentes modalidade deste I Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo destinaranse 5.000 euros en premios e axudas. Para as categorías de Comercio e Hostalería estableceranse 3 premios, para cada unha delas: un 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €. No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios serán tamén dun 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €. E no caso de balcóns e ventás, así como vivendas unifamiliares, en cada unha destas dúas modalidades establecemos un 1º premio de 200 €, un 2º de 100 € e un 3º de 50 euros.

Tanto o fallo do xurado para elixir ós gañadores deste concurso, así coma o sorteo público dos 25 bonos de 100 euros terán lugar o día 30 de decembro.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...