HomeCulturaA curta de Luis Tinoco, gañador do festival de cine monfortino

A curta de Luis Tinoco, gañador do festival de cine monfortino

Tras 3 días de intensa actividade cinéfala na cidade, os galardóns da V edición do FanCine de Lemos, foron entregados ós seus gañadores nun salón de actos da Casa da Cultura de Monforte ateigada de espectadores que, como en edicións anteriores, mostraron unha gran implicación nas actividades celebradas.

Publicado o

- Advertisement -

Caronte. Este é o nome co que o autor portugués Luis Tinoco bautizou a súa obra baseada na morte e que gañou o premio principal de curtametraxes da V edición de FanCine de Lemos. Fernando Cortizo, Olga Osorio e Víctor Rivas, xurado desta edición do festival, consideraron que este era a mellor produción presentada este ano.

O autor, responsable do laboratorio de efectos especiais para cine Onirika Studio, presentouse á edición do festival do 2018 cunha creación que narra unha trama de ciencia ficción sobre a base do barqueiro que na mitoloxía grega guiaba ós mortos hacia o máis alá.

Por outra banda, o xurado decidiu que o premio Algueira á mellor curtametraxe galega era para Escarabana, a primeira obra da renomeada actriz galega Sara Casasnovas.

Pero non todos os galardóns foron adxudicados polo xurado. O público tivo un papel moi activo en todo o festival e deste xeito, e mediante votación popular, acordaron co premio do público fora para a obra Marta no viene a cenar de Macarena Astorga; nela, nárrase unha cea entre amigas onde a tensión vai en aumento a medida que trascorre a velada.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...