HomeCulturaAnimación de rúa, circo e teatro para rematar o ano en Quiroga

Animación de rúa, circo e teatro para rematar o ano en Quiroga

O Concello de Quiroga ten programadas varias actividades culturais para estes días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, día 26, o grupo Troula animará as rúas de Quiroga co seu espectáculo “A Luz do Camiño”. O espectáculo que comezará ás seis da tarde no Auditorio Municipal e rematará nas inmediacións da casa consistorial, incluirá zancudos, moita luz e música.

O luns, día 28, haberá unha nova actividade. Trátase do espectáculo circo para público familiar GHOP!, a cargo de Teatro Ó Cubo. Esta actividade, patrocinada pola Deputación Provincial,  terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 18:00 h .

E finalmente o mércores día 30 de decembro, tamén en colaboración coa Deputación Provincial,  a través do programa “Miudos seráns”;  levarase a cabo a representación da obra “O Vixiante dos soños”  a cargo de Ubu Teatro. Esta obra, dirixida a público infantil e familiar, terá lugar ás 18:00 h no Auditorio Municipal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...