HomeCultura"Animais de compañía" o día 28 no Multiusos de Monforte

“Animais de compañía” o día 28 no Multiusos de Monforte

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó ciclo de teatro infantil e familiar continua en Monforte de Lemos o vindeiro luns 28 de decembro ás 18:00 h no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra Animais de compañía da compañía Teatro do Noroeste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra está composta e dirixida por Eduardo Alonso e interpretada por Imma António e Manuela Varela. O aforo máximo será de 120 persoas. A entrada xeral é de 5 euros, sendo de 3 euros para estudantes, xubilados e desempregados. A venta de entradas levarase a cabo unha hora antes do inicio da obra e o acceso ó salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra..

Animais de Compañía é un espectáculo para público familiar dende 6 anos. Unha comedia musical en forma de fábula, que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos. Como nas fábulas clásicas, dous animais toman características humanas para construír un proceso de aprendizaxe e toma de valores éticos.

A seguinte obra de teatro que se representará en Monforte será o espectáculo teatral para público familiar chamado Quimera, interpretado polo actor valdeorrés Gabriel Prada,  que terá lugar o luns 4 de xaneiro de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello, e a entrada é libre e gratuíta.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante a Covid-19:

  • O aforo máximo é  de 120 persoas. 
    • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
    • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
    • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
    • Gardarase a distancia social de seguridade.
    • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.  

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...