HomeCultura"Quimera" o día 4 na casa da cultura de Monforte

“Quimera” o día 4 na casa da cultura de Monforte

A programación cultural de Nadal do Concello de Monforte continua o vindeiro luns 4 de xaneiro de 2021 ás 20:00 h. na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Para esta ocasión, teatro de clown para público familiar baixo o título de 'Quimera' e coa interpretación do actor Gabriel Prada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quimera é unha viaxe onírica que nos achega, a traverso da fantasía, a un mundo de ilusión. Un tránsito entre o real e o imaxinario que anima ao personaxe a alcanzar eses soños ocultos que sempre tivo por inalcanzables. Soños nos que unha escaleira pode chegar a converterse nunha perfecta compañeira de baile, en amante, esposa e nai duns fermosos nenos-escada. Soños onde o amor convértese en motor das nosas vidas.

A obra chega a Monforte da man de Hermanager Producións e o espectáculo está interpretado por Gabriel Prada, actor valdeorrés representado por esta mesma produtora.

Prada comezou a súa andaina interpretativa formando parte da Compañía de teatro amateur Gargallada teatro. Destacou no traballo que fixo na obra de teatro “A abraiante vida de Braian” no papel de Braian, facendo a partires deste momento espectáculos unipersoais como por exemplo “A última cinta de Krapp” de Samuel Beckett. Nesta época coñeceu ao actor galego Paco González, membro da Compañía alemá Familie Floez, co que fixo un curso de formación de clown. O seu “feeling” xermolou na idea de crear o espectáculo “Quimera“, show que tivo na dirección a Paco González. Dende ese momento -no ano 2013- ata hoxe, a obra percorreu festivais internacionais e diferentes circuítos galegos.

O aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas. A entrada é libre e gratuíta ata completar dito aforo. A entrada o salón de actos realizarase media hora antes (19:30 h) do comezo da obra. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...