HomeCulturaO 17º Ribeira Sacra lanza os abonos para a súa quinta edición

O 17º Ribeira Sacra lanza os abonos para a súa quinta edición

A Ribeira Sacra acollerá do 16 ao 18 de xullo de 2021 unha nova edición do Festival 17º. Os primeiros abonos para a edición de 2021 xa están á venda a través de ataquilla.com

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá no 2021; un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade.

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. No 2020 o festival foi recoñecido como o “Best Small Festival” de toda España polos Iberian Festival Awards. Un recoñecemento inédito para un proxecto tan novo que reafirma a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

A pasada edición de 17° Ribeira Sacra Festival foi a máis difícil e especial ata a data, dada a situación sanitaria, cumprindo todas as expectativas. 17° Ribeira Sacra Festival conseguiu unir grandes propostas musicais e actividades nun evento que, a pesar do seu formato reducido e medidas de seguridade, nunca perdeu a sensación de festival. En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...