HomeCulturaSober entrega os premios dos certames de Nadal

Sober entrega os premios dos certames de Nadal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober fixo entrega nesta fin de semana dos premios dos certames convocados durante o Nadal. Aos tradicionais concursos de beléns, postais e poesía sumouse este ano o de decoración de locais comerciais.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de entregar os agasallos aos gañadores e tamén aos participantes en diferentes quendas ao longo da tarde, para dar cumprimento ás medidas anticovid.

Fernández Guitián agradeceulles a todos e todas a participación nos certames. Os nenos e nenas gañadores recibiron un diploma e material escolar, mentres que o establecemento gañador, a Casa dos Arcos, recibiu tamén unha peza de Gundivós.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...