HomeCulturaUnha comadre e un compadre moi especiais en Castro Caldelas

Unha comadre e un compadre moi especiais en Castro Caldelas

Son a ‘Pandereteira Remedios’ e o ‘Gaiteiro Sebastián’, dúas creacións da artista local Maite Vázquez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes dous “novos veciños”, tal e como os denomina a súa alcaldesa, Sara Inés Vega, chegan a Castro Caldelas para correr o entroido.

Ao ser imposible, dadas as circunstancias, a celebración de calquera actividade colectiva para celebrar esta festa, serán estes dous persoeiros quen simbolicen estas datas entroideiras.

A idea era que estivesen no balcón do concello, pero dadas as condicións climatolóxicas decidiuse que ocuparan un lugar nas escaleiras do edificio consistorial, co cal a veciñanza poderá visitalos e fotografarse con eles, sempre seguindo as medidas sanitarias de rigor.

Ademais, estes dous persoeiros creados pola artista local Maite Vázquez, representan ao seu tempo as dúas celebracións tradicionais máis importantes do Concello de Castro Caldelas; por un lado temos ao ‘Gaiteiro Sebastián’ que homenaxea Os Fachós (a figura de San Sebastián e a súa primeira procesión no 1751), e a ‘Pandereteira Remedios’ que representa as Festas dos Remedios, na honra á virxe do mesmo nome, coa Noite das Bandeiras e o Irrio Peliqueiro (figura que representa á máxima autoridade na vila nos días de festa).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...