HomeCultura"O mel non caduca", este xoves en Monforte

“O mel non caduca”, este xoves en Monforte

Este xoves 25 de febreiro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a segunda das obras de teatro previstas para adultos: O mel non caduca, da compañía Ibuprofeno Teatro, obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Avelino González.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira das obras previstas neste ciclo de 2021, “O mozo da última fila” de Redrum Teatro, que se tiña que ter celebrado o 28 de xaneiro, foi aprazada por mor das restricións decretadas polas autoridades sanitarias en relación coa pandemia do coronavirus.

“O mel non caduca” é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos será Macbeth. O ruído e a furia da compañía Estudo Momento, que terá lugar o xoves 11 de marzo no Edificio Multiusos. O prezo da entrada xeral para estas obras será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. O aforo máximo do salón é de 110 persoas.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación. Nesta ocasión será dun máximo de 110 persoas, mantendo as correspondentes medidas de distanciamento social.
  • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
  • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
  • Gardarase a distancia social de seguridade.
  • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...