HomeCulturaO IES A Pinguela clasifícase para a final do Parlamento Xove

O IES A Pinguela clasifícase para a final do Parlamento Xove

O equipo formado por Eva, Aldara, Gabriela e Area, de 3º ESO A, foi vencedor dos tres debates que tiveron por tema "Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de alumnas do IES A Pinguela vén de clasificarse para a fase final
do nivel de ESO do Parlamento Xove. O equipo formado por Eva, Aldara,
Gabriela e Area, de 3º ESO A, foi vencedor dos tres debates que tiveron por
tema “Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?”.

En dúas ocasións defenderon que si e noutra que non, demostrando unha preparación moi sólida nas dúas posicións. O IES A Pinguela quere felicítaas polo traballo realizado durante a fase clasificatoria, e augúralles tamén un excelente resultado na fase final, que para esas, esperan desde o centro poda ser presencial para debater cos outros sete equipos finalistas no Parlamento Galego.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...