HomeCultura"Dorothé na vila" o 26 de marzo no Ateno Casino

“Dorothé na vila” o 26 de marzo no Ateno Casino

O Ateneo Casino de Monforte comeza a súa programación presencial este venres 26 coa proxección do filme Dorothé na vila, nominado a mellor documental na presente edición dos Mestre Mateo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dorothé na vila trata as historias de vida detrás do Cancioneiro Popular Galego, un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos, froito do traballo de investigación e recollida da musicóloga suíza Dorothé Schubart. 

Despois da proxección haberá un coloquio moderado por Iván Patiño no que participarán os directores da longa, Alejandro Gándara e Olaia Tubío. No evento tamén haberá unha pequena mostra musical a cargo dos Cantareiros de Cántigas e Frores.

A actividade dará comezo ás 19:00 h no Salón de Baile do Ateneo Casino. A entrada é gratuíta, previa reserva xa que as prazas son limitadas. Trátase do primeiro evento presencial do ano na nova etapa do Ateneo Casino como centro cultural plural e aberto. 

A programación continuará a semana próxima cunha exposición a cargo da Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra. En abril, mentres o permitan as circunstancias sanitarias, hai programado un concerto de Gonzalo Herrero e Lorena do Val, a obra teatral Costureiras, e máis actividades que o Ateneo desvelará proximamente.

ÚLTIMAS

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...

Por Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións sociais no IVTM para persoas con discapacidade e as súas coidadoras

A moción, que presentou Por Chantada, basébase na posibilidade legal que teñen os concellos...

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...