HomeEconomíaMáis saudables e de paso dinamízase a economía

Máis saudables e de paso dinamízase a economía

Publicado o

- Advertisement -

A provincia de Lugo é a provincia galega que máis superficie adica á produción ecolóxica e para seguir impulsando este sector desde o CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia) e a Deputación Provincial promóvense as feiras Ágora Verde. Organízanse diferentes mostras repartidas por toda a provincia, coa colaboración dos respectivos concellos, Monforte de Lemos, Lugo e Viveiro.

Os obxectivos son informar aos consumidores das propiedades e beneficios para a saúde dos produtos ecolóxicos e dos beneficios das prácticas agronómicas ecolóxicas para o medio natural. Búscase tamén aproximar a produtores e consumidores e facilitar encontros entre produtores para establecer alianzas orientadas á distribución e comercialización dos produtos.

Durante a celebración de Ágora Verde, o CRAEGA contará cun stand no que ofrecerá información sobre como recoñecer os produtos certificados como ecolóxicos e entender os seus beneficios. Haberá degustacións  para que os visitantes proben as diferencias cos produtos non ecolóxicos a través das cualidades organolépticas únicas que definen aos ecolóxicos.

A produción certificada como ecolóxica nesta provincia incrementouse nun 45% no pasado ano 2017 cun volume económico superior aos 22 millóns de euros. Cada vez máis o consumidor preocúpase polo que come e quere comer produtos de calidade, o  que necesariamente leva a un incremento na demanda dos produtos ecolóxicos. As labores de promoción e sensibilización sobre a produción ecolóxica completaranse con xogos, obradoiros, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades que terán lugar durante a celebración de Ágora Verde.

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...