HomeCultura"A lingua das bolboretas" este xoves no Multiusos de Monforte

“A lingua das bolboretas” este xoves no Multiusos de Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2021, este xoves 22 de ABRIL ás 20:15 horas no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da quinta das obras previstas para público adulto: A lingua das bolboretas, da compañía Sarabela Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro segue sendo protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro trimestre do ano 2021, contando coas medidas de seguridade necesarias ante a Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas. 

A obra de Manuel Rivas está dirixida por Gonçalo Guerreiro e interpretada por Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. O aforo máximo do salón é de 110 persoas.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. 

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

A próxima cita co teatro será O mozo da última fila da compañía Redrum Teatro que terá lugar o xoves 27 de maio ás 20:15 horas no Edificio Multiusos, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados. 

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...