HomeCulturaOs mellores cómicos galegos e nacionais no 'II Sarria Sorrí'

Os mellores cómicos galegos e nacionais no ‘II Sarria Sorrí’

O ciclo, que comezará o 26 de xuño coa actuación de Miguel Lago, traerá a Sarria tamén, entre outros, a Luis Piedrahita, Xosé A. Touriñán, David Amor, JJ Vaquero e Álex Clavero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o éxito do ciclo de humor ‘Sarria Sorrí’ o pasado ano en Sarria, organizadores e concello acordaron darlle continuidade. As actuacións, en direfentes escenarios, empezarán o 26 deste mes de xuño con Miguel Lago e rematarán o 14 de agosto co gran Luis Piedrahita.

O 23 de xullo repite Oswaldo Digón, pero nesta ocasión acompañado do emerxente Brais Doval, coñecidos ambos como colaboradores do programa televisivo Malicia Noticias.

No mes de agosto chegarán os pratos fortes do SARRIA SORRÍ, con dúas representacións de auténtico luxo. Por un lado, o 8 de Agosto, no Campo de Rugby, terá lugar a única actuación en Galicia deste ano do espectáculo “Lechazo á Feira”. Un show no que Xosé A. Touriñán, David Amor, JJ Vaquero e Álex Clavero traerán os seus mellores monólogos para debater, en tono de humor, cal é o mellor sitio para vivir, Galicia ou Castilla.

Cartel de Etiqueta Negra

Por outro lado, o 14 de Agosto, ás 12:00 h. arrincará cunha divertida actuación infantil gratuíta a cargo de Pedro Brandariz na Praza de Santa Mariña. E o mesmo día, no mesmo lugar, ás 21:00 h. Luis Piedrahita traerá o seu último espectáculo que tanto éxito lle está a dar na Gran Vía madrileña.

Con esta programación, o Concello de Sarria e a empresa local Etiqueta Negra Producciones –promotor e organizadora reafírmanse na aposta por establecer un ciclo cultural de moitísimo nivel na vila lucense.

Dende a organización queren destacar a importancia que este ano tivo a colaboración de empresas locais, que arrimaron o ombreiro e quixeron poñer o seu gran de area para que esta ambiciosa edición se levase a cabo en tempos tan complexos. Cafetería Tucán, ITS, O Meigallo, O Casino, Cárnicas Dosmar, Galimplant, Hotel Mar de Plata, Estanco Gallego, e as lucenses Artia Salón e Ditrán foron indispensables para conseguir que o proxecto se consolidase.

A SEGURIDADE, PRINCIPAL OBXECTIVO

Todas as medidas de protección vixentes estarán activas e controladas durante todo o ciclo. Os asistentes terán que deixar os seus datos e serán almacenados para o control de posibles gromos.

Os aforos reducíronse considerablemente para asegurar suficientes distancias de seguridade.

Haberá controis de acceso, postos de xeles e acomodadores. Ademais, garantiranse os fluxos de persoas e as desinfeccións de todas as zonas.

ENTRADAS

As entradas estarán á venda na web, na páxina www.ataquilla.com , e nos establecemos locais Estanco Gallego, O Meigallo e O Casino.

Haberá distintos tipos de entradas dispoñibles, tanto para espectáculos individuais, como abonos con descontos para varias actividades.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...