HomeCulturaO Ateneo Casino abre o verán con música e petiscos

O Ateneo Casino abre o verán con música e petiscos

O Ateneo Casino de Monforte inicia esta fin de semana a súa programación de verán, máis lúdica e festiva. Na véspera do comezo da estación estival, o sábado 19 de xuño, o Ateneo acollerá un obradoiro de cociña e un concerto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Inaugura a cociñeira, Estefanía Montes, cun obradoiro de petiscos pensado para as xuntanzas de familiares e amigos este verán. Os asistentes aprenderán receitas frescas con combinacións de texturas e presentacións orixinais.

O obradoiro de cociña ten un custe de 20€ para socios e 25€ para non socios do Ateneo. O concerto son 3€ para socios e 5€ non socios. Para máis información e reservas, o teléfono de contacto é 648 435 033.

O sábado á noite o dúo de voz e guitarra, Ginkgo Biloba, chegan da Coruña para ofrecer un concerto de versións de himnos xeracionais indie e pop.

A próxima semana haberá máis música en directo; desta volta un repertorio de jazz co David Regueiro Quartet o sábado 26. Tamén se presenta o martes 22 o libro biográfico El Padre Revilla, aproveitando a presenza en Monforte do seu autor, o historiador, escritor e diplomático Carlos Sánchez Tárrago.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...