HomesociedadeSeis novas confirmacións completan o cartel do 17º Ribeira Sacra Festival

Seis novas confirmacións completan o cartel do 17º Ribeira Sacra Festival

17º Ribeira Sacra continúa incrementando a súa oferta musical: The Gift, Silvana Estrada, Alberto & García, Terrier, Sofía Comas, Rapariga dj e Anxo Carmona pechan o cartel da quinta edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

The Gift, Silvana Estrada, Alberto & García, Terrier, Sofía Comas, Rapariga dj e Anxo Carmona súmanse ao cartel da quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará os próximos 16, 17 e 18 de xullo.

O aprazamento da xira dos escoceses, Teenage Fanclub, imposibilita a súa presenza no festival este ano, confirmando a súa actuación na sexta edición do festival en xullo de 2022. Considerada unha das bandas de referencia a nivel internacional, The Gift esconden en “Tour Verão” a historia dos seus 25 anos de traxectoria, os seus momentos máis explosivos, mentres presentan as cancións do seu último traballo, ” Verão”.

Pola súa banda, Silvana Estrada, á que os medios tachan como “A Chavela Milenial”, chegará a 17º Ribeira Sacra a ritmo de jazz mesturado co folclore que bebeu na súa terra, Veracruz, e presentará as cancións do seu primeiro álbum, ” Marchita”, que verá a luz a finais deste mes. Alberto & García continúan celebrando a publicación do seu novo single, “Río Bravo”, un tema que explora a vea rockeira da banda, apostando mesmo por introducir pinceladas surf e sons fronteirizos pero con ese toque latino tan habitual na banda norteña.

As ganas de seguir coreando pola Ribeira Sacra poñeranas a troupe de Terrier, sons pop frescos que botan man de momentos de garage latente onde a vea pop é a que acaba marcando as diferenzas. Pero na maxia que esconde o festival tamén hai momentos para penetrarse no universo de artistas con cancións de fraxilidade vigorosa, como é o caso de Sofía Comas, que aborda no seu último traballo, “O verán será eterno” o duelo tras a morte dun ser querido a través da música e a poesía.

17º Ribeira Sacra continúa como festival con carácter propio, onde a gastronomía, o viño e as actividades para interactuar coa Ribeira Sacra son o secreto dunha proposta que volve contar de novo cun invitado especial, Anxo Carmona. Proximamente, novas actividades, showcookings, catas, roteiros, concertos a bordo do catamarán… E os horarios do transporte do festival.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...