HomeCulturaO FanCine de Lemos 2021 xa ten imaxe gráfica

O FanCine de Lemos 2021 xa ten imaxe gráfica

O pasado 18 de xuño deuse a coñecer, a través dun encontro virtual, o fallo do xurado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O FanCine de Lemos, tras un ano en suspenso por mor da pandemia, volve este 2021 e realizarase en Monforte de Lemos do 21 ao 25 de xullo. Unha das novidades desta sétima edición foi que convocou meses atrás un concurso para seleccionar o cartel anunciador.

Segundo se informara no seu momento en Xornal de Lemos, o obxectivo do certame era estimular a creatividade de artistas e deseñadores da contorna e promover a imaxe do certame nesta edición a nivel nacional e internacional.

O Xurado do concurso do cartel do VII Festival de Cinema Fantástico, FanCine de Lemos 2021, reuniuse o pasado 18 de xuño e emitiu o fallo nun encontro virtual. O gañador resultou ser o deseñador noiés Santiago Avilés.

Tal como se establecía nas bases, levará un premio en metálico de 300 euros –exento de IVE– e un diploma que se entregará na gala de clausura do festival.

Dende a dirección do festival aproveitan para agradecer a participación de todos os creadores que participaron no concurso e a implicación do xurado, conformado por Isabel González (deseñadora gráfica), Reinaldo Pereira (xestor cultural) e Elena Patiño (deseñadora gráfica).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...