HomeCultura"A presenza de Castelao en Euskadi", nova obra do quirogués Xosé Estévez

“A presenza de Castelao en Euskadi”, nova obra do quirogués Xosé Estévez

Este venres 2 de xullo a Casa da Cultura de Quiroga acollerá a presentación do último libro deste respectado intelectual galego. Será ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos”, publicado pola editorial galega Toxosoutos, revela como unha figura sobranceira e creativa, irredutible na súa perspectiva política e ética, converteuse nun líder de referencia para os nacionalistas vascos. 

Dende o seu paso por Euskadi para viaxar por Europa, na primeira estadía en 1932, até o último paso, en 1933, para honrar a Árbore de Gernika, símbolo das liberdades vascas, Castelao sentiu unha fonda e sincera querenza por Euskal Herria.

Esa nación correspondeulle de maneira admirada e diversa. As obras do rianxeiro serían asemade traducidas ao éuscaro, contexto intelectual no que atoparían unha fértil recepción.

PRESENTACIÓN DO LIBRO

Este 2 de xullo a Casa da Cultura de Quiroga acollerá a presentación da obra e no acto, programado para as 20:00 h. participarán tamén o concelleiro do BNG na localidade, Xosé Manuel Fernández e o historiador Uxío-Breogán Diéguez, autor do limiar da obra.

Observaranse as medidas anticovid correspondentes e aqueles que reserven praza no tel. 65701455 terán preferencia de entrada ao acto se chegado o momento se completase o aforo permitido.

O AUTOR

Xosé Estévez Rodríguez naceu en Quiroga no ano 1943, diplomouse en Estudos Eclesiásticos (Lugo / 1967), licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (Madrid / 1973) e doutorouse en Historia pola Universidade de Deusto en 1990. Ademais do seu labor como docente destaca como escritor, con varias obras publicadas e numerosos artigos en diferentes xornais e revistas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...