InicioCulturaFanCine de Lemos, cinco días de cine fantástico na Ribeira Sacra

FanCine de Lemos, cinco días de cine fantástico na Ribeira Sacra

Este coñecido festival de cine chega á súa VII Edición e por primeira vez deslocalizarase de Monforte para algunha das actividades programadas. O ciclo desenvolverase entre o 21 e o 25 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

O Ateneo Casino de Monforte de lemos acolleu este pasado mércores 7 de xullo a presentación do FanCine de Lemos onde se anunciou “unha edición moi especial” e con novidades,  como por exemplo, a incorporación de novos espazos e sedes ou o apartado de “país convidado”, no que este poderá presentar a súa cinematografía contextualizada nos contidos do festival.

Igual nos aventuramos, pero o futuro deste festival pasa por ir incorporando espazos ao longo do territorio da Ribeira Sacra para integrar a paixón cinematográfica co lecer e goce deste xeodestino. O caso é que este ano o FanCine traspasa as fronteiras de Monforte e chega a Sober. Alí, a Adega Algueira converterase nun espazo máis do festival e acollerá algunha das proxeccións e actividades. Polo demais, o Multicines Hollywood será o escenario principal e xunto con el tamén acollerán proxeccións o Ateneo Casino e o Parque dos Condes.

Para esta edición, e segundo referiu o codirector, Iván Patiño, chegaron 230 propostas cinematográficas. As curtametraxes serán as protagonistas do evento pero tamén se proxectarán longas, neste caso a previsión é contar con 6 filmes. Un deles, “Amigo”, do director Óscar Martín, será a encargada de abrir o ciclo o 21 de xullo nos Multicines Hollywood, sesión á que asistirá o propio director.

Ademais das proxeccións, traballouse tamén nun programa de actividades paralelas: gastronomía, exposicións, clases maxistrais, encontros, charlas, presentacións ou coloquios. En palabras de Reinaldo Pereira, coordinador de actividades, “en definitiva, un espazo plural de opinión e reflexión sobre o xénero que une ao público con todos os convidados que formarán parte do Lemos FanCine”.

Por citar algunhas das actividades, o día 22 de xullo Alberto Hortas, especialista en maquillaxe de ficción, impartirá no Ateneo Casino unha clase maxistral sobre os aspectos máis reveladores da maquillaxe e a construción de personaxes. E tamén será interesante ver en acción ao actor e humorista Pedro Brandariz realizando unha actuación para público infantil na que lles achegará o mundo do cinema dun xeito especial, ou ver a exposición da artista gráfica lucense Noemí Núñez.

OUTRAS NOVIDADES

Unha delas foi a convocatoria dun concurso de carteis. Era a primeira vez que se facía e, segundo a organización, chegaron 9 propostas. A idea é manter esta iniciativa entendendo que axuda para darlle repercusión nacional e internacional ademais de fomentar a participación creativa.

Iván Patiño presentando o cartel deste ano / XdL

Outra das novidades da VII edición do FanCine de Lemos foi crear o apartado de “país convidado”. Será a primeira vez que o festival convida a un país para que poda presentar a súa cinematografía.

O país en cuestión será Chile que achegará unha mostra de 6-7 filmes.

E non queda aí a cousa, dende a organización adiantaron tamén que vai haber unha “película sorpresa” en sesión golfa…

O festival conta co apoio económico e institucional principal do Concello de Monforte de Lemos e da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...