HomeCulturaEste sábado ábrese o ciclo de concertos en terraza da Pobra do...

Este sábado ábrese o ciclo de concertos en terraza da Pobra do Brollón

Este sábado ás 13:00 dentro da programación de verán do Concello da Pobra do Brollón, Xiao Berlai e Belém Tajes darán un concerto na terraza do restaurante O Fogón en Cereixa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ofrecerán un concerto de composicións propias inspiradas na música tradicional con mestura de xéneros dende o punk ata o soul, tocadas con mandolina e guitarra (Xiao Berlai) e mais piano (Belém Tajes). A entrada é de balde, previa reserva no Fogón (tlf. 982 430 015).

O concerto deste sábado é o primeiro dunha serie de citas musicais ó longo de xullo e agosto en diferentes lugares da Pobra do Brollón, coas que o goberno municipal busca ofrecer propostas de lecer cultural e apoiar ós hostaleiros locais.

O seguinte concerto será de Xabier Vizcaíno o venres 23 de xullo no bar Avenida.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...