HomeCulturaRomán Rodríguez chama a reivindicar o valor natural e artístico da Ribeira...

Román Rodríguez chama a reivindicar o valor natural e artístico da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañou este luns á antropóloga, Mar López, na presentación da obra Esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago. Obras de arte e simbolismo nas parades, un traballo no que se recollen mostras desta técnica ornamental que se usa na decoración dos muros e fachadas e que inclúe unha exposición de fotografías que se pode visitar no instituto Campus Stellae de Santiago de Compostela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O traballo feito pola antropóloga conta co apoio do Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia, o instituto Campus Stellae e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) e ofrece unha análise de máis de 720 pezas que denota, tal e como salientou o conselleiro, “unha paixón clara pola antropoloxía, a arte e o territorio”. 

O resultado desta investigación reflíctese na obra presentada hoxe creando unha guía patrimonial distinta e unha experiencia natural que nos traslada a lugares agochados da demarcación ribeirense a través dunha cronoloxía rotunda sobre o legado destes traballadores que crearon un xénero propio: os esgrafiados de estilo galego. 

A recuperación de esgrafiados é un dos obxectivos recollidos no Pacto pola Paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe na Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) Ribeira Sacra, impulsado e financiado ao 100% pola Xunta de Galicia. 

Mar Sotelo xunto a un esgrafiado

O representante da Xunta de Galicia aproveitou o acto para agradecer o labor feito por Mar López para ofrecer unha “fotografía do noso pasado e un gravado atemporal da nosa personalidade colectiva”. Neste sentido, referiuse ao seu traballo como “formidable” polo prolífico labor de documentación, a súa vocación divulgativa e o coidado minucioso co que nos presenta as imaxes. 

“É importante incorporar iniciativas como a de Mar López para reivindicar o valor natural e artístico que posúe a Ribeira Sacra e amplificar aínda máis a imaxe que queremos proxectar deste privilexiado enclave lucense e ourensá”, salientou Román Rodríguez antes de engadir que o Goberno galego quere “contar co maior número posible de apoios para que que o sono común de que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco obteña o si definitivo”. 

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...