HomeCulturaEspectáculo de danza na Praza da Compañía este venres

Espectáculo de danza na Praza da Compañía este venres

Este venres 16 de xullo ás 20:00 horas a Praza da Compañía de Monforte acollerá un espectáculo de danza dentro do programa “PROPulsa.Danza+Paixase+Patrimonio 2021”, organizado no marco do Xacobeo 2021-2022, xestionado pola AGADIC e coa colaboración do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa ten por obxectivo de poñer en valor e unir a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia coa danza e artes do movemento, e para elo mestura danza, patrimonio e paisaxe en espazos singulares de 27 localidades galegas durante os meses de xullo e agosto, buscando novas experiencias e achegando ao público unha nova forma de ver a danza.

Propulsa contará con preto de 74 funcións conformadas por pezas de danza profesional que se escenificarán na rúa, en espazos singulares ó aire libre. 

En Monforte, terase a oportunidade de ver as seguintes compañías de danza, coa produción da Companhia Paulo Ribeiro:

  • La Macana co espectáculo “Keep Going“
  • Janet Novás con “FeeLings“
  • Säo Castro e António M Cabrita con “Um solo para a sociedade“

A entrada é gratuita e estará limitada ata completar a capacidade do recinto debido á actual situación sanitaria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...