HomeCulturaMúsica dos 70 e cinema, dúas alternativas de lecer en Pantón

Música dos 70 e cinema, dúas alternativas de lecer en Pantón

O Concello de Pantón programa un concerto musical a cargo de 'Los Alcántara' e a Asociación de Veciños San Brais de San Román de Acedre a proxección da exitosa película galega "Cuñados".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dúas interesantes propostas de lecer chegan ao Concello de Pantón este sábado, 17 de xullo. Na Praza do Concello actuará ás 23.00 h. a banda de música Los Alcántara, unha formación que se caracteriza por versionar temas dos anos 60 e 70 e fusionalos con ritmos modernos nun directo que destaca e deixa pegada.

Dende o Concello de Pantón lembran que, por mor das medidas anticovid, cómpre reservar no número de teléfono 982 456377.

E non moi lonxe de aquí, o mesmo 17 de xullo pero ás 22:30 h., outra interesante proposta no campo da Festa de San Roman de Acedre. Cinema ao aire libre coa exitosa película galega “Cuñados”.

Trátase dunha comedia sobre as trasnadas delitivas de tres cuñados unidos ao chou e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.

A esta actividade poderanse apuntar aquelas persoas que o desexen no teléfono 659.707.657 xa que o aforo é limitado. A organización encargarase de manter tódalas medidas de seguridade sanitaria anticovid.

Organiza e coordina a proxección a Asociación de Veciños San Brais de San Román de Acedre e patrocina e financia a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...