HomeCulturaConcerto de Xabier Vizcaíno este día 23 na Pobra do Brollón

Concerto de Xabier Vizcaíno este día 23 na Pobra do Brollón

Este venres, 23 de xullo, estará Xabier Vizcaíno na Pobra do Brollón presentando o seu libro-disco "Neno de monte", que o músico do Incio describe como 'unha homenaxe ao mundo rural'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xabier Vizcaíno estará acompañado por Pachi Cruz (contrabaixo) e Sofía Fernández Souto (voz e percusión). Fiará as cancións a filóloga Patricia Sánchez Seoane. O concerto, organizado polo Concello da Pobra do Brollón, será na terraza do bar Avenida ás 20:30. A entrada de balde, previa reserva no teléfono 654 803 658.

Neno de Monte” conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engraxadas e que contan historias de monte e de mar que foron creadas en “A Palleira”, o estudo de gravación que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole.

O videoclip “Camiños” abriu a lata deste fermoso traballo e foi filmado tamen na Terra Brava, no Incio, entre o encoro de Vilasouto e a súa propia aldea de Goo.

O libro está ilustrado dixitalmente coa técnica chamada de “tramado cruzado”. Andrés Wolf foi quen a levou a cabo. Este artista colombiano colabora con Xabier xa desde o primeiro traballo.

ÚLTIMAS

Monforte convoca os XI Premios do Deporte, como novidade o xurado tamén pode propor candidaturas

As bases do concurso aprobáronse este luns, 13 de abril, na Xunta de Goberno...

Formación sobre liderado e competencias dixitais en Monforte

A Fundación 'Acción contra el Hambre' organiza un ciclo gratuíto de obradoiros centrados no...

Sarria<30, programa de formación e emprendemento cultural que chega en maio á comarca sarriá

A programación do Sarria<30 inclúe unha serie de laboratorios que contarán con recoñecidos profesionais...

Sae a licitación por 117.582€, o contrato para o recinto do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Este mesmo luns, 13 de abril, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación...