HomeCulturaLecer musical e infantil en Pantón para esta finde

Lecer musical e infantil en Pantón para esta finde

Concerto de música “yé yé” na Praza do Concello o sábado 24 e espectáculo de clown na parroquia de Tuiriz o domingo 25.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seguindo co ciclo de concertos, o Concello de Pantón convida a unha nova actuación este sábado 24. O grupo que amenizará a velada nocturna a partir das 23:00 h. será “Gramola yé yé”, un cuarteto formado por guitarra, baixo, batería e voz cunha liña moi fresca e festiva.

A formación rende homenaxe aos guateques, ao movemento Yé Yé e ás cancións do verán dos anos 60 e 70. O seu repertorio componse de cancións, entre outros, de Los Diablos, Los Bravos, Karina, Massiel, El Dúo Dinámico e lembrarán cancións como “Las flechas del Amor”, “Un Rayo de Sol, OH,OH”, “July”, “El Bául de los recuerdos” ou o clásico “La,La,La”.

Para asistir ao recinto de asentos cómpre reservar previamente chamando ao número 982 456377.

Sen saír do concello, pero achegándonos á parroquia de Tuiriz, o domingo 25 terá lugar o espectáculo “Punkdemia” do clown Isaac Rodríguez Miranda, máis coñecido como “Peter Punk”. Trátase dunha montaxe que busca a risa a partir das situacións novidosas que vivimos coa crise sanitaria.

Poderase ver como se viste un paiaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus, e asistiremos a unha técnica sorprende para botar o virus fóra do corpo. Esta actuación está promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...