HomeCulturaO FanCine de Lemos entrega os premios da súa sétima edición

O FanCine de Lemos entrega os premios da súa sétima edición

Tras diversas actividades, proxeccións de longametraxes e as catro sesións de curtametraxes, incluíndo as curtas galegas, o FanCine de Lemos chega ao seu fin este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O xurado composto polo compositor musical Sergio Moure, a creadora de contidos Maria Yáñez e o director cinematográfico Sergio Morcillo concedeu o premio á mellor curtametraxe a Su rider, do director Alberto Utrera, un tenso relato que mestura o terror con problemática social; así mesmo, o xurado decidiu dar un premio especial á curtametraxe de Paul Urkijo, Dar-Dar, quen xa leva colleitados múltiples premios con esta terrorífica curtametraxe baseada nun antiquísimo relato vasco.

Como todos os anos, os asistentes ás proxeccións elixen por votación popular a mellor curta do público e este ano recaeu na curtametraxe Dana, da directora, Lucía Forner Segarra, que analiza o tema da violencia de xénero desde a óptica do terror. E a votación do público asistente á sesión das curtametraxes galegas decidiu que a mellor curtametraxe das proxectadas foi La Penumbra de Daniel Viqueira, quen xa hai uns anos levou o mesmo premio grazas á súa curtametraxe Limbo.

VII FanCine de Lemos / XdL

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...