HomeCulturaAgosto cultural de Quiroga

Agosto cultural de Quiroga

Quiroga comeza o mes de agosto con numerosas actuacións musicais e culturais, continuando co seu Verán Cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición “Kinetiko de Xira Paus” a cargo de Marionetas Trécola  (patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial) o mércores día 4, abre este mes de agosto cultural. Trátase dunha mostra de bonecos e monicreques que a través de diferentes mecanismos pódense mover e producir sons. A exposición ofrece ademais  a particularidade de que  os visitantes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. 

A celebración da XXX Mostra do Mel, o  día 10 de agosto e varias actividades relacionadas co mundo da apicultura como unha exposición de Apicultura Tradicional Galega ou unha charla sobre Apiturismo no Courel: Ruta das alvarizas de Seceda, organizadas pola Asociación Galega de Apicultura; centrarán estes primeiros días de agosto. 

Animacións  de rúa:  “Patrimonio Natural” a cargo de Mamá Cabra do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia ( o día 6 ) e “O séquito do capitán Nemo”, a cargo de Barafunda do programa Cultura no Camiño (o día 7) serán dúas das actividades centradas nos máis cativos que tamén terán un concurso de pinta con xiz no chan (o día 8).

Non faltará o deporte coa celebración de torneos de 3×3 de voleibol e fútbol sala entre os días 5 e 7.

A maxia a cargo de Mágico Brais “Estrelas Máxicas” do programa Cultura no Camiño, a música tradicional a cargo do grupo de gaitas O Recanto, a actuación da charanga Europa e a actuación do grupo de acordeóns “O Folión” do programa Musiqueando pola provincia de Lugo complementarán un verán cultural que tamén terá tres importantes concertos. O primeiro, o día 7, será o de Andrea Pousa presentando o seu novo disco Retorno. Esta actuación forma parte do Programa Xacobeo 2021/2022 da Xunta de Galicia ao igual que o concerto de Roi Casal o día 8. O último dos concertos será o de Lys Pardo, o día 10 de agosto.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...