InicioCulturaCinema feminista o 14 de agosto no Pazo de Tor

Cinema feminista o 14 de agosto no Pazo de Tor

Os museos provinciais de Lugo acollen neste mes de agosto Escolma Diversa e Arte Viva, proxectos culturais do estudantado do Master en Servizos Culturais. A cita no Pazo de Tor é o 14 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Escolma Diversa e Arte Viva son propostas deseñadas por Ana Riego e Javier Sánchez, estudantes do Máster en Servizo Culturais, que se imparte na Facultade de Humanidades do Campus Terra, que empregarán os diferentes espazos museísticos para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso e iniciar a súa carreira profesional no ámbito da xestión cultural.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinala, “É un ámbito do coñecemento polo que se apostou desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en diferentes etapas e con diferentes fórmulas de colaboración, porque estamos convencidas,  de que este tipo de coñecemento é fundamental para sociedades vivas, críticas, diversas, e tamén para o desenvolvemento cultural, social e económico”.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago,  explicou que “a propostas achegan aos museos novas formas de facer comunidade con actividades que tocan o folk, a astronomía, o cinema ou o drag” e contribúen a “achegar os museos a novos públicos e dar voz a axentes culturais con olladas diversas para refrescar a institución e resignificar estes espazos”.

Ana Riego e Javier Sánchez, que ademais de formarse como xestores culturais teñen experiencia nas artes escénicas, sinalaron “Cada un destes proxectos pon o foco en varios temas, públicos e comunidades se ben comparten unha ollada transversal cara a diversidade e a igualdade”.

Miradas á gran pantalla no Pazo de Tor

O 14 de agosto ás 17.30 no Pazo de Tor, a actriz galega Ana Ribet presenta esta dinámica charla-obradoiro sobre cinema feminista. Nela falará do trato recibido das personaxes femeninas, facendo un percorrido pola historia do audiovisual, dende os grandes clásicos ata as películas e series máis actuais.

Seguiralle un obradoiro de escritura creativa onde compartirá ferramentas para escribir unha historia con perspectiva de xénero e identificar a presencia —ou ausencia —da mesma na séptima arte.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....