HomeCultura"El olor de las sombras" o día 11 no Ateneo Casino

“El olor de las sombras” o día 11 no Ateneo Casino

O monfortino, José Carlos López Valcárcel presentará este mércores, día 11, no Ateneo Casino o seu segundo poemario, El olor de las sombras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aínda que desempeña a profesión de garda civil dende 1994, José Carlos López (Monforte de Lemos, 1971) escribiu poesía dende sempre. Nunca se atreveu a amosala ata que, no ano 2019, publicou o seu primeiro poemario, Humanidades desnudas.

Despois chega El olor de las sombras, con 104 poemas de temática variada. Un dos principais motivos para querer publicar, afirma o autor, é deixarlle á súa filla Martina ‘un recordo perdurable do seu pai’.

A presentación de El olor de las sombras é este mércores 11 ás 20:00 horas no Ateneo Casino de Monforte. O acceso é libre previa reserva no teléfono 648 435 033.

ÚLTIMAS

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...