Homesociedade Ágora Verde en Monforte do 23 ó 25 de agosto

 Ágora Verde en Monforte do 23 ó 25 de agosto

A feira de produtos ecolóxicos, Ágora Verde, desenvolverase diante das Casitas da Compañía en horario de 11.00 a 22.00 h.

Publicado o

- Advertisement -

A inauguración farase o día 23 ás 13.00 h,  horario para o que está prevista unha degustación de elaboracións ecolóxicas aberta ó público. Durante a celebración da Feira poderanse atopar postos con marmeladas, froitas, hortalizas, conservas de peixe, infusións e cervexas artesás, entre outros alimentos certificados co selo de agricultura ecolóxica  .

A programación de Ágora Verde inclúe tamén actividades dirixidas aos cativos, como obradoiros nos que poderán elaborar murais relacionados coa agricultura ecolóxica.

A cita está organizada polo concello de Monforte e o CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia). Segundo o alcalde, José Tomé, o obxectivo da Feira é fomentar a comercialización do produto ecolóxico, informar sobre os produtos certificados polo CRAEGA e potenciar o consumo saudable entre a poboación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...