HomeCulturaSarria espera a súa Noite Meiga

Sarria espera a súa Noite Meiga

Por tradición, cada último sábado de agosto esta vila celebra unha velada máxica no Parque do Chanto. Dende hai anos encárgase da organización a Asociación Cultural Meigas e Trasgos.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 25 de agosto terá lugar a Noite Meiga, unha festa tradicional que organiza a coñecida Asociación Cultural Meigas e Trasgos coa colaboración do Concello de Sarria. Unha entidade moi comprometida tamén co folclore e as diferentes manifestacións culturais do país.

Como cada ano por estas datas confeccionan un programa de festas moi completo con actividades de venres a domingo. Nesta edición, a número XLVIII, o venres 24 terá lugar, ás 22.30 h. na terraza do local O’ Meigallo, o concerto do grupo local de jazz, Taninos Maduros.

Para o día grande, sábado 25, está previsto o pregón a cargo de Rocío López Núñez ás 20.00 h e acto seguido entrega de premios e recoñecementos da man da asociación organizadora.  Sobre as 20.45 h., actuación do grupo de gaitas e os grupos de danzas Garulaxe e Burbulliñas de Meigas e Trasgos, e a continuación os integrantes da asociación Peleriños.

Chegado este punto ten lugar unha gran cea na terraza do Meigallo para socios/as e amigos/as como previo a gran Noite Meiga que empeza a partir da 1.00 coa esperada Danza da Noite Meiga. Trátase dunha danza a escuras e rodeada de fachóns que axudan a crear un ambiente máxico. Como arremedando ás meigas cando convocaban ás forzas da natureza co seu baile ritual.

Noite Meiga / Asociación Cultural Meigas e Trasgos

O fin de festa, á 1.30 h da madrugada, vén da man do grupo Airiños da Freba cun concerto baile para ledicia e satisfacción dos presentes. A guinda, unha gran queimada para todos os asistentes.

Para o domingo está programada unha “tardiña meiga” con actividades para os máis pequenos de 12.00 a 13.30 h. e a actuación de Cé Orquestra Pantasma ás 17.00 h. Este mesmo día hai foliada e Festa da Empanada de 13.30 a 17.00 h. Todas as actividades teñen lugar no Parque do Chanto, terraza do Meigallo e lugar onde a Asociación Cultural Meigas e Trasgos ten o seu local social.

Noite Meiga / Asociación Cultural Meigas e Trasgos

ÚLTIMAS

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...