HomeCulturaManuel Jorge, seis décadas de retrato, no auditorio de Chantada

Manuel Jorge, seis décadas de retrato, no auditorio de Chantada

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada organiza coa colaboración do Concello unha mostra que amosa parte do legado que o pintor cedeu ó colectivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra Manuel Jorge. Seis décadas de retrato, recolle algunha das obras dos máis de trescentos cadros que o autor deixou como legado á Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada. Trátase de obras inéditas do pintor chantado falecido o pasado ano. Vinteoito cadros do artista que van dende 1959 ata o 2013, amosando a diversidade de técnicas e estilos cos que experimentou ó longo da súa traxectoria. A maior parte destes cadros nunca se expuseron en Chantada ou incluso en Galicia, polo que a comisaria da exposición, Lola López, agarda que sorprendan a un público xa familiarizado coa obra do chantadino: «Manuel Jorge pintou moito e cada vez que navegamos polo seu legado atopamos novas sorpresas. Hai cadros que nin sequera están nos catálogos e por iso creamos lecturas que nos permitan achegarnos á súa arte dende outros puntos de vista». Por este motivo a docente e especialista en Belas Artes decidiu apostar por unha exposición monográfica adicada ó retrato, «tal vez non é o máis destacado, pero si amosa a súa evolución técnica e estilística coa circunstancia de que remata case igual que como comezou, con simples trazos sobre papel».

A exposición poderá visitarse ata o 5 de setembro, con horario de 19 a 21 horas os venres, de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas os sábados, e de 12 a 14 horas os domingos.

O 3 de setembro farase un concerto homenaxe cos irmáns López Jorge. Un recital de piano e violín, que servirá como homenaxe póstuma ó autor. Tamén será a oportunidade de presentar os proxectos de futuro da Asociación e a súa páxina web, manueljorge.com.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...