HomeCulturaPresentación do libro "Folión de Carros, patrimonio cultural de Chantada"

Presentación do libro “Folión de Carros, patrimonio cultural de Chantada”

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión convoca a veciños e veciñas á presentación do libro Folión de Carros, Patrimonio Cultural de Chantada. A cita será este mércores, 18 de agosto, ás 20:00h. na Praza do Mercado (diante da Casa da Cultura)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación participarán diferentes integrantes da Asociación
Amigos do Folión e
estará ambientado con música tradicional en vivo.
O libro, financiado integramente pola Asociación Amigos do Folión, narra a través de imaxes e textos a importancia que ten para Chantada o Folión de Carros.

O libro que pretende visibilizar o traballo que fan carroceiros e carroceiras para a supervivencia da festa, recoñecendo o seu esforzo e dedicación para que cada ano continuemos a gozar da noite do Folión.

O libro estará á venda en Chantada a partir desta semana na Librería Central, Librería Mago e no Besbello.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...