HomeCulturaFeira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara

Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu á décimo terceira edición da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara, no concello de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita conta cunha achega de 4.000€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos da institución provincial. Tomé Roca, acompañado do Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, e outras autoridades, percorreron algúns dos postos da feira con produtos tradicionais e naturais. 

José Tomé destacou que esta cita “contribúe a dinamizar a vida social e económica do concello de Samos dende 2008, cando naceu co obxectivo de recuperar a antiga feira que se celebraba neste espazo” e engadiu que estas iniciativas son “agora un revulsivo moi necesario para a recuperación do sector turístico, hostaleiro e do comercio local fronte ao impacto das restricións provocadas pola pandemia. Onde hai actividades de lecer, hai consumo”.

A Feira da Ponte Lóuzara deu cita ao longo deste martes a 25 expositores de toda Galicia, reducindo case á metade o aforo respecto a edicións anteriores. Durante toda a xornada haberá animación musical.

Plan Único

A Deputación de Lugo achega 281.445€ este ano ao concello de Samos a través do  Plan Único. O 56% do orzamento, máis de 158.000€, están destinados a obras como a mellora de pavimentacións en distintos núcleos urbanos ou construción dun muro de mampostería e a reconstrución da soleira de formigón na praza de Vigo do Real. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) conta cunha achega de 14.320€ e o fomento do emprego beneficiarase con case 90.000€.

Tanto a Feira do Turismo e do Peregrino como a Feira da Artesanía e os Produtos Naturais reciben unha axuda de 14.000€. Doutra banda, a administración electrónica supera os 4.600€ de orzamento e as actividades culturais, para a impresión dun libro, conta cunha achega de 1.500€.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...