HomeCulturaA soberina Moncha Prieto, pregoeira da Feira do Libro de Monforte

A soberina Moncha Prieto, pregoeira da Feira do Libro de Monforte

A cita será do 25 ao 28 de agosto e con previsión de que se realicen todos os actos habituais destas xornadas adaptados á situación sanitaria.

Publicado o

- Advertisement -

A Feira do Libro de Monforte celebrarase nas súas datas acostumadas, do 25 ao 28 de agosto, sendo nesta primeira xornada –día 25– cando se realice a inauguración e o tradicional pregón.

Para este cometido coñecemos que este ano a escollida foi a escritora Moncha Prieto, unha soberina que retornou de Barcelona hai xa bastantes anos e que vén de publicar “Alma de Barro. Relatos da Ribeira Sacra” coa Editorial Xerais.

A inauguración oficial será, pois, o día 25 de agosto ás 19:00 h. Ademais da asistencia de autoridades, será nese intre cando Prieto lerá o seu pregón antes de proceder á sinatura do seu libro sobre as 20:00 h.

Cóntanos esta soberina que lle colleu un pouco por sorpresa este encargo. Enterouse tras recibir a chamada da coordinadora de Feiras do Libro de Galicia que lle trasladou esta decisión e algúns detalles do protocolo da inauguración, na que ela estaba sinalada como pregoeira do evento.

Aínda que a noticia lle chega ‘con pouco marxe de tempo’ non agocha a satisfacción de que pensaran nela para esas primeiras palabras de apertura da Feira do Libro da capital da Ribeira Sacra.

Portada do libro

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...