HomeCulturaA Roda actuará en Quiroga o 27 de agosto

A Roda actuará en Quiroga o 27 de agosto

O grupo de música tradicional galega A Roda actuará en Quiroga o venres 27 de agosto. A actuación patrocinada polo programa Xacobeo 20/21 da Xunta de Galicia forma parte da ampla oferta de actividades que o Concello de Quiroga programou dentro do Verán Cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Roda naceu no ano 1977 cando un grupo de amigos se xuntaba ao redor dunha mesa para cantar. O seu primeiro traballo converteuse nun superventas. Despois virían centos de concertos, numerosos premios como o da Crítica Galega ou a Medalla Castelao que recibiron o ano pasado e 17 discos avalan a traxectoria musical dun dos grupos máis populares galegos.

Cunha formación renovada e profesionalizada, pero conservando a esencia que a caracteriza dende os seus inicios, ofrecerán un concerto no que se mesturarán clásicos como “Pousa, pousa”, “O andar miudiño” ou “O gato”,  que os fixeron acadar os seus primeiros éxitos,  con outras moitas  cancións da súa ampla discografía.

A actuación terá lugar na praza da rúa Lago a partir das nove da noite, no mesmo lugar que a unha do mediodía actuará o cantante Jorge Ferre. Gran coñecido de Quiroga por ser vocalista en grupos como Cinema ou a orquestra Panorama.

Unha xornada musical que comezará pola mañá coa celebración da primeira Feira de artesanía e produtos locais, organizada pola Asociación Tarabelada.

ÚLTIMAS

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...