HomeCulturaAs Escolas de Música da Pobra do Brollón e Sober abren prazos...

As Escolas de Música da Pobra do Brollón e Sober abren prazos de matrícula

O prazo de matrícula estará aberto ata o 25 de setembro no concello de Sober e ata o 28 no concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Pobra do Brollón, a Escola de Música Municipal Samoeiro prepárase para o novo curso cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade deste ano clases de guitarra.

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos. Ofértase tamén baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano.

‘A nosa escola de música non só ofrece excelente formación musical, tamén é un punto de encontro importante para a vida social e comunitaria’ comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda. ‘É un enorme orgullo para A Pobra do Brollón contar cunha escola como Samoeiro, activa dende hai máis dunha década.’ Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos. O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 11:00 a 13:30. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.

E na Escola de Música Municpal de Sober, o prazo para inscribirse está aberto ata o 25 de setembro. Ofértase Frauta Traveseira, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba, Percusión, Piano, Guitarra, Linguaxe Musical, Coro. A oferta educativa complétase con Música en Movemento a partir de 3 anos, Música para adultos, Grupos Instrumentais, Banda Infantil e Coro Berea. Para máis información no teléfono 982 46 05 13 ou 617 55 12 99.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...