InicioCulturaEspectáculo familiar en Sarria

Espectáculo familiar en Sarria

A compañía Urdime chega a Sarria co espectáculo 'Os Romeiros do Caracol' este domingo 12 de setembro ás 12:00 h. na Praza da Vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria programa unha nova actividade para público familiar. ‘Fantoches Baj’ levarán a escea un espectáculo baseado no estudo sobre as romarías de Antón Fraguas.

SOBRE O ESPECTÁCULO

San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas. Na súa monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia Fraguas dedica o capítulo máis extenso a describir con detalle a peregrinación a Santo Andrés de Teixido: os ritos, as cancións, as lendas e o santuario.

Con todo ese material etnográfico Fantoche Baj constrúe un espectáculo para público familiar na que empregan un enorme caracol-vivenda no que se contan e cantan os cancións e as lendas de San Andrés.

Títeres, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que empregarán neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá. Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...