HomeCultura"O Camiño do Afiador" do Mago Teto, este domingo en Monforte

“O Camiño do Afiador” do Mago Teto, este domingo en Monforte

Este domingo 19 de setembro ás 19:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte realizarase o espectáculo do Mago Teto "O Camiño do Afiador", dentro da programación da Rede de Dinamización Lingüística -Programa FalaRedes da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase ás 18:45 h e a entrega das invitacións será dende as 18:00 h.

“O Camiño do Afiador” é un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo. Xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continuo ida e volta e coas máis sorprendentes historias.

O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...