HomeCulturaA Orquestra Vigo 430 este domingo no Multiusos de Monforte

A Orquestra Vigo 430 este domingo no Multiusos de Monforte

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:40 h e a entrega das invitacións será dende as 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 26 de setembro, ás 20:00 h no Edificio Multiusos terá lugar un concerto da Orquestra Vigo 430, espectáculo programado polo Concello de Monforte de Lemos dentro das actuacións do Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, coa colaboración da Sociedad Filarmónica de Monforte.

O proxecto da Orquestra Vigo 430 nace no ano 2005, aínda que adquire a súa configuración definitiva a partires do 2014. O seu obxectivo principal é dotar unha formación orquestral profesional, constituída na súa maior parte polos máis brillantes expoñentes das novas xeracións de músicos galegos, así como por destacados músicos freelance do resto de España e do estranxeiro.

O proxecto persegue o achegamento da música clásica a novos públicos potenciais, así como ás novas xeracións de oíntes. O obxectivo de eliminar a barreira psicolóxica que, para gran parte da poboación, existe á hora de achegarse a un concerto de música clásica. No ano 2014 a orquestra recibiu o premio «Martín Códax» da música.

Programa para Monforte

  • JUAN DURÁN: Variacións sobre “Rosa de Abril” (estrea absoluta)
  • Turina. Oración del torero
  • Dvořák Serenata para cordas
  • Bartók. Danzas rumanas

Na actuación da Orquestra Vigo 430 en Monforte participarán 25 músicos dirixidos por Isabel Rubio sendo o seu solista ao piano Antonio Queija.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...