HomeCultura'As Efémeras' presentan disco na aldea de Vieiros

‘As Efémeras’ presentan disco na aldea de Vieiros

Ofrecerán un concerto na 'Aira do Teso' este sábado 2 de outubro ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Efémeras, artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidas coa ecoloxía, a cultura e a fala do país, estarán no Courel esta fin de semana.

Chegadas/os dende o mar de Redondela interpretarán as súas mellores músicas, poemas, cancións de amor, danzas tribais, berros e coloxistas e feministas… unha festa total!

Escano e vistas na ‘Aira do Teso’. Foto: XMF

O fermoso escenario da ‘Aira do Teso’, na aldea de Vieiros, acollerá un espectáculo musical no que Efémeras ofrecerá no repertorio temas do seu primeiro disco pero tamén algúns temas, en exclusiva do que será o segundo traballo.

A organización, da aldea de Vieiros, recomenda reservar previamente no teléfono 615169587 e anuncia tamén que convidará a unha pancetada final aos asistentes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...