HomeCulturaO 13 de outubro, curso en Monforte de xestión de explotacións de...

O 13 de outubro, curso en Monforte de xestión de explotacións de vacún de leite

A Agacal organiza o vindeiro mércores, 13 de outubro, en horario de mañá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos, un curso sobre a eficiencia da xestión das explotacións de vacún de leite no.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa inclúe contidos sobre a xestión técnico-económica, analizando os ingresos, custos fixos e variables, as amortizacións técnicas, o cálculo do custo de produción e da marxe neta, entre outros. A idea é que os asistentes poidan elaborar a súa propia conta de resultados, tendo tamén en conta o custo da recría e das forraxes. Ademais, os alumnos poderán familiarizarse co emprego da aplicación Conta Láctea, posta en marcha pola Xunta no marco da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego para facilitar o cálculo dos custos de produción destas granxas de cara a acadar unha xestión empresarial axeitada e aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre o prezo do leite.

O obxectivo da iniciativa é transmitir os coñecementos mínimos suficientes para levar a contabilidade dunha explotación e calcular os índices que poidan utilizarse como indicadores da boa marcha da granxa, mediante o análise de casos reais de explotacións de vacún de leite.   

A acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico ceca.monforte@edu.xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 889 105.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...